
| Descricion |
O conxunto está composto pola igrexa rodeada por un amplo patio cercado que é o espazo que ocupaba o cemiterio vello onde hai algunhas cruces e panteóns. A partida máis antiga que se conserva no seu arquivo data de 1600, por elo supónse que tamén daquela debería existir algún tipo de igrexa, dende entón sufriu múltiples ampliacións. No século XVIII a Confraría de Nsa. Sra. das Dores paga a construción da capela titular, incorporada ao corpo principal da igrexa. No século seguinte, no ano 1892 faise unha ampliación importante, quedando este edificio con planta de cruz latina: sancristía, presbiterio, nave central e dúas capelas. En 1984 remodélase o presbiterio, desprazándose cara diante o altar de pedra que estaba incorporado ao retablo, tamén de pedra. En 1991 amplíase de novo, quedando a nave central de forma cuadrangular. O deseño actual poderíase considerar basilical. Sobresaíndo a fachada da nave central, onde se atopa a porta principal, está coroada por unha espadana dobre que sostén dúas campás, e remata con un pináculo. Os laterais son de cantería, ao igual que o resto do templo. Presentando o lateral Sur un brasón, xa moi gastado, onde se distinguen tres cuarteis de difícil interpretación, Ramón de Artaza cree distinguir un, relativo a familia Caamaño, e un reloxo de sol na capela maior.
Dende a igrexa parroquial saía un viacrucis que subía ata a capela de San Ramón. Pegada á casa reitoral consérvanse moitas das cruces a día de hoxe. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorXOCAS / PATRIMONIOGALEGO.NET (10-11-2011) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-02-2023) |
|