

| Data de construción |
Século XVIII. |
---|
Descricion |
A edificación actual, datada en 1765 segundo o cardeal Hoyos, foi reedificada sobre outra igrexa existente datada en 1609. A capela é moi sinxela, composta por unha soa nave de planta rectangular, dividida en tres tramos por arcos de medio punto que sosteñen unha cuberta a dúas augas. A capela maior da cabeceira, de planta cadrada e cuberta con bóveda de aresta, acada maior altura ca nave principal, sobresaíndo volumetricamente ao exterior, cunha cuberta a catro augas. Destaca no exterior a porta lateral no lado do Evanxeo, cunha pequena escalinata de acceso, portada de arco de medio punto rematada cun frontón triangular e dúas pilastras estriadas nos laterais.
A fachada principal presenta bastante simplicidade, seguindo un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular. Sobre o ingreso vai un oco de luz rectangular. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana dun corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e que serve para aloxar a campá. |
---|
Campás |
1 campá. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS DE MUROS E SERRES (1) (01-12-2018) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (16-08-2022) |
|