Inventario de Campás

Basílica de Santa María a Maior - PONTEVEDRA (GALICIA)

(Referencia: 9983)


Descricion A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.
Este templo substitúe outro anterior. A parroquia de Santa María a Maior é a igrexa matriz de Pontevedra, aparecendo documentada xa antes da concesión do foro de vila en 1169. Daquel templo consérvanse o San Pedro da contraportada occidental e o pantocrátor da clave dunha capela da nave do evanxeo.
A súa construción comezou na segunda década do século XVI, dirixindo as obras o mestre Juan de Cuetos. A fachada, contratada en 1541 a Cornelis de Holanda e Xoán Nobre, comezou a construírse en 1544. Dado que boa parte do financiamento proviña do Gremio de Mareantes, en 1551 paralizáronse as obras debido á escaseza de sardiña. En 1559 pecháronse as bóvedas, e en 1570 pechouse o coro. A torre das campás aínda tardaría bastante en ser rematada. O retablo, rematado en 1623, foi derrubado e substituído a comezos do século XX, con deseño de Maximino Magariños. WIKIPEDIA (03-03-2019)

Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

AutorTítuloData
LA SERCampanadas 25 de Diciembre2000
DÍEZ GONZÁLEZ, Juan DanielGalicia 2010.-V Pontevedra, Combarro...2010
2 Fotos
Editor da ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 03-03-2019


  • Ficha reducida (PDF)
  • PONTEVEDRA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 88 Visitants: 88 Usuaris: 0