Inventario de Campás

Capela do Carme dabaixo - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

(Referencia: 8846)
Descricion Este templo barroco clasicista consta dunha única nave de planta rectangular, cuberta a dúas augas e lanterna circular no centro. Ergueuse entre os anos 1760 e 1773 sobre unha pequena capela anterior. Os planos orixinais eran do arquitecto Lucas Ferro Caveiro, aínda que durante a construción se perdeu a pegada do barroco compostelano, quedando nunha obra de carácter moi rural. No ano 1867, Baltasar Ferreiro engadiu un novo presbiterio co que o presbiterio orixinal se converteu en cruceiro. A fachada, en cadeirado de granito, consta de tres corpos verticais enmarcados por pilastras, e tres corpos horizontais; o primeiro con portada alintelada; o segundo con fornela flanqueada por columnas e rematada con arco de medio punto e que acolle a imaxe da Virxe do Carmen, e arriba, escudo enmarcado por un frontón semicircular. Coroa o conxunto a torre-campanario, de planta cuadrangular e decorada e rematada con pináculos e volutas.
No interior, o altar maior, de estilo barroco, segue o tipo dos realizados por Miguel Ferro Caaveiro. www.turismo.gal (14-01-2017)

Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

AutorTítuloData
REDACCIÓNLas campanas tocaron a rebato en Carme de Abaixo2009
Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 14-01-2017


  • Ficha reducida (PDF)
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 79 Visitants: 79 Usuaris: 0