

| Descricion |
Esta é a igrexa da Parroquia de Santiago, coñecida tamén como Igrexa Nova.
A súa construción débese ó Bispo Fernández de Castro, que tiña a intención de quitar a sede parroquial da Catedral, e dotar deste xeito á parroquia dunha sede independente.
As obras de construción da igrexa comezaron no ano 1890, pero por falta de cartos, suspendéronse durante varios anos. O edificio, de estilo neogótico, débese ó arquitecto Nemesio Cabreros.
A igrexa, que é sede da parroquia dende o ano 1901, está rodeada por un adro dende o que se ten unha boa vista sobre a paisaxe do fermoso val de Mondoñedo. MONDOÑEDO.NET (21-09-2016) |
---|
Campás |
3 Campás. |
---|
AutoresTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (18-11-2022) |
|