(Referencia: 7071) |
---|
Calle Doutor Francisco Malvar Vázquez, 1 y 3, Rúa Mestre Luis Rodríguez 15500 FENE |


| Data de construción |
Século XVII. |
---|
Descricion |
Igrexa de estilo barroco da primeira metade do XVII. Planta de cruz latina, á que se lle engadiron dous corpos rectangulares. Aos pés da nave atópase o coro alto. O interior da nave principal está cuberta por unha bóveda de canón sostida por arcos. Destaca o retablo do altar maior, de madeira e policromado de dourado. No exterior os panos dos muros de cachotería contrastan cos contornos de vans, os esquinais e a fachada principal, onde quedan á vista magníficos perpiaños. Na fachada principal destacan o arco de medio punto sobre a porta de entrada e a cornixa rematada por pináculos. A torre do campanario culmina nunha cúpula semiesférica. Cuberta a diferentes augas de tella curva. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorBARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (01-08-2021) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (01-12-2023) www.turismo.gal (Xunta de Galicia). (01-12-2023) |
|
Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos) |
|
Gravacións sonoras (Pódese ordenar por calquera dos campos)
|
8 Fotos |
---|
|
---|
Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
---|
Actualización |
05-12-2023 |
---|