Inventario de Campás

Igrexa de San Fructuoso - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

(Referencia: 5957)

Data de construción S.XVIII. Barroco.
Descricion Coñecido como igrexa das Angustias de Abaixo, da Real Angustia ou sinxelamente de San Fructuoso, este templo de estilo churrigueresco foi proxectado por Lucas Ferro Caaveiro no século XVIII. Na súa construción de planta central domina a grandiosa cúpula de media laranxa.
A fachada está concibida para ser contemplada desde a Praza do Obradoiro, polo que a decoración se concentra na cornixa superior. Alí se sitúan as imaxes das catro virtudes cardinais, Prudencia, Xustiza, Fortaleza e Temperanza. A retranca popular pretende identificalas coas catro sotas da baralla española.
Completan a fachada un campanario adornado con volutas e pináculos e unha fornela coa imaxe da Virxe das Angustias.
No interior merece atención a Piedade neoclásica de Antón Fernández o Vello que preside o altar maior. http://www.santiagoturismo.com (16-12-2013)
8 Fotos
Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 16-12-2013


  • Ficha reducida (PDF)
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 68 Visitants: 68 Usuaris: 0