Inventario de Campás

Igrexa de San Salvador de Colantres - COIRÓS (GALICIA)

(Referencia: 13523)
Lugar de Colantres, 4.
15316 COIRÓS


Data de construción Século XII.
Descricion Trátase dun pequeno templo románico dun grande interese arquitectónico e histórico do concello de Coirós. Conserva moi ben a tipoloxía orixinal, agás a fachada principal e a sancristía que son engadidos posteriores.
Esta igrexa presenta unha única nave rectangular con dous volumes apegados, os cales, aínda que non están comunicados entre si, utilízanse como sancristía. A nave cóbrese de madeira a dúas vertentes, ten os muros reforzados por tres contrafortes prismáticos de cantería, abríndose nos van seteiras, e nos máis pertos ó presbiterio, unhas sinxelas portas de xambas lisas, a de norte cun sillar sobre ménsulas de rolos, no que hai trazado un semicírculo a maneira de tímpano, e a de sur, oculta pola sancristía, cun arco de descarga semicircular que acobilla un tímpano sobre ménsulas.
A ábsida cóbrese con bóveda de canón con feitura apuntada, sendo o arco triunfal case semicircular que descansa sobre columnas apegadas, de bases tóricas con moita escocia, adornadas con dentes de serra e garras no plinto, fustes cortos e capiteis cúbicos de talla moi basta. No exterior, os muros rematan nunha cornixa sobre canzorriños típico do románico; unha seteira abríase no fondo da ábsida e outra no testeiro da nave, que está coroado por unha cruz de palmas inscrita nun círculo, frecuente no románico e segundo Ángel de Castillo López, tal vez como supervivencia visigótica.
A fachada segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal alintelada e flanqueada por dous contrafortes que rematan á altura da xanela cuadrangular situada enriba do ingreso. Remata o conxunto rompendo o vértice pentagonal, unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares que serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto flanqueado por dous pináculos e rematado por outro pináculo de punta cunha cruz de forxa enriba.
A obra desta igrexa románica apareceu ó reforma-lo templo no ano 1903, cando se lle engadíu a sancristía, sendo do século XII.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (09-07-2015)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-10-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (03-10-2023)
  • 4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 07-12-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)18795596
    EspadanaMaiorDE LA SOTA, JUAN MARÍA190065159

  • Ficha reducida (PDF)
  • COIRÓS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 38 Visitants: 38 Usuaris: 0