

| Descricion |
Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural frecuente na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, pequena sancristía e presbiterio. No interior, distintas remodelacións deron lugar a unha nave con bóveda e teitume de madeira pintada de azul separada do presbiterio por un arco triunfal apuntado apoiado sobre pilastras. No exterior, muros de cachotería miúda e reforzo de pezas graníticas á vista nos esquinais. Cuberta de lousa a diferentes augas. Complexa volumetría que reflicte os distintos corpos anexionados ao principal. Fachada principal, organizada nun só corpo, con porta rematada en arco apuntado. Sobre a cornixa, espadana de dous corpos rematada por pináculos en bóla. Acceso ao interior a través dun pequeno pórtico anexionado ao muro lateral. Destacan dous pequenos retablos de características neoclásicas e policromías semellantes ao mármore na cabeceira e muros laterais do altar maior. Accesibilidade: coche, autobús, peonil. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-08-2020) BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-09-2020) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (17-08-2023) |
|