
| Descricion |
Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). Presenta planta rectangular onde se inscriben tres tramos correspondentes á nave, presbiterio e sancristía. No interior o espazo intermedio entre a nave e o presbiterio está delimitado por un arco de ingreso de medio punto. Destaca a pila bautismal pétrea de características arcaicas. No exterior a decoración concéntrase na fachada principal onde nun eixe vertical central se superpoñen a porta de acceso, un pequeno van rectangular e, rompendo a cornixa, unha espadaña de dobre corpo, no primeiro aparecen tres machóns que dan paso aos ocos das campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-09-2023) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (11-09-2023) |
|