Inventario de Campás

Igrexa de Santiago de Ameixenda - CEE (GALICIA)

(Referencia: 13241)
Lugar da Igrexa, 23.
15299 CEE

Descricion Igrexa de planta rectangular dunha soa nave coa sancristía apegada ó muro leste. A capela maior, de grandes dimensións e planta rectangular, cóbrese con bóveda de canón reforzada mediante un arco faixón. A nave central, logo da restauración, presenta unha cuberta sostida por cimbras de madeira. Os autores da restauración coidaron especialmente a fábrica barroca ó colocar dita cuberta. Ós pés aparece un coro alto de madeira, con acceso dende unha escaleira, tamén do mesmo material e situada no muro sur. A ábsida cóbrese ó exterior cun tellado a dúas augas ó igual ca nave central. Os materiais empregados son cantería granítica e cachotería no exterior da capela maior.

A fachada segue un esquema compositivo pentagonal na súa parte central. Un eixo vertical domina a súa composición e divídea en dúas partes simétricas. Segue un tipo usual na zona: o superpoñer nunha secuencia formal á principal, unha pequena fornela e unha pequena ventá.

Sobre o muro sur levántase a torre das campás con dous corpos, o inferior formado por catro arcos de medio punto sobre piares; o superior forma o remate da torre e ten forma piramidal.

No ano 1957 as reformas dan lugar a unha estrutura en tres naves, ó derriba-los muros primitivos e amplia-la capacidade do templo mediante dúas naves laterais. A reforma actual cambiou a estrutura da planta converténdoa nun plan basilical dunha soa nave.

No interior é interesante o retablo maior por estar realizado en granito. É de estilo barroco e está presidido por unha imaxe sedente do apóstolo Santiago como corresponde a un templo da ruta de peregrinación a Compostela.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (04-11-2011)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (04-09-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 04-09-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)19064760
    Torre-campanarioMaior.VILLANUEVA SÁENZ, FERNANDO195662138

  • Ficha reducida (PDF)
  • CEE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 15-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 38 Visitants: 38 Usuaris: 0