

| Data de construción |
Século XVIII. |
---|
Descricion |
Edificación relixiosa do século XVIII construída en cantaría granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Nun dos muros laterais atópase a sancristía.
A fachada principal, con pilastras laterais, posúe porta de aceso lintelada e enmarcada. Por riba dela unha fornela coa imaxe do patrón, e un reloxo de agullas. No cume unha cruz de pedra.
Nun dos laterais vemos unha torre campanario de dous corpos, o primeiro de sección cadrada e o segundo de sección octogonal con pináculos de bola e remate en cúpula. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (03-05-2023) FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (03-05-2023) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (03-05-2023) |
|