Inventario de Campás

Igrexa de Santo Tomé de Serantes - LEIRO (GALICIA)

(Referencia: 12879)
Lugar de Serantes, s/n.
32428 LEIRO


Data de construción Século XII.
Descricion A Igrexa de Santo Tomé de Serantes, de estilo Románico, está situada nun contorno natural especialmente fermoso. Data, segundo se pode comprobar na súa fachada, de 1170. A súa planta é rectangular, dunha soa nave, con muros portantes de perpiaño, ábsida rectangular, sancristía acaroada no muro sur e cubertas a dúas augas con cubrición de tella curva. No exterior do edificio destaca a fachada dividida horizontalmente en dous corpos por un tornachoivas entre contrafortes. No corpo inferior ábrese a porta baixo dúas orquivoltas lixeiramente apuntadas que descansan sobre columnas dobradas e un tímpano sostido por mochetas. O superior acollé a un rosetón enmarcado nun arco de medio punto sostido por columnas acobadadas. No lado sur (alterado polo adhesión da sancristía máis a torre da espadana) destaca a presenza dunha porta con arquivolta apuntada e tímpano con relevo sobre mochetas de cabezas de home e muller. Apreciamos a súa rica decoración a base de canzorros, que se estenden polos muros laterais.
No seu interior, consérvase un interesante baldaquino gótico de pedra que o visitante deberá coñecer antes de continuar o seu camiño. Nel pódese observar unha representación da Anunciación.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • PXOM de Leiro (25-06-2012)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (13-04-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (13-04-2013)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (14-04-2023)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 14-04-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.FERNÁNDEZ PELLÓN (GALICIA)1882
    EspadanaMenor.OCAMPO, HERMANOS1969

  • Ficha reducida (PDF)
  • LEIRO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-02-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 16 Visitants: 16 Usuaris: 0