| Data de construción |
Século XVIII. |
---|
Descricion |
Pequeno templo rural con planta en forma de cruz latina que orienta a súa fachada ó suroeste enfrentándose ó recinto do cemiterio e formando un adro no seu entorno. Planta rectangular. Única nave lonxitudinal. A fachada principal concentra a ornamentación, mostrando un claro xogo de simetrías que inciden na división da fachada en tres panos, prolongándose o pano central pola torre-campanario, que culmina nunha cúpula rematada en pináculos. Muros de carga de cachotería exceptuando os esquinais e os ocos, que presentan pedra á vista.
O cruceiro sito no adro, é o único de Narón que presenta a particularidade de dispor dun pousadoiro construído en pedra serpentina ou toelo, das canteiras de Moeche.
|
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorPXOM de Narón (22-04-2002) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (25-02-2023) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (25-02-2023) |
|