Inventario de Campás

Igrexa de San Cristovo de Mesía - MESÍA (GALICIA)

(Referencia: 12772)
Lugar da Igrexa, 2.
15685 MESÍA


Descricion A igrexa presenta planta de cruz grega con volumes engadidos laterais e posterior. Deste xeito prodúcese unha multiplicación de espazos que ten como resultado no exterior un marcado xogo de volumes cúbicos dispostos a diversas alturas, feito que concede un gran dinamismo ó conxunto. No interior, as paredes tamén están recebadas e arredor dos vans a cantería disponse cun encintado de cor branca. O cruceiro, que está separado do resto da igrexa por medio de arcos de medio punto lixeiramente peraltados, é o corpo que maior altura alcanza. O altar maior está sobreelevado con respecto á nave, e alberga un retablo de madeira composto por elementos clásicos, presidido pola imaxe de san Cristovo. O esquema compositivo da fachada principal é o característico de moitas igrexas do barroco rural, no que a porta, unha fiestra, neste caso carentes de decoración, e a espadana de dous corpos, no primeiro onde están as campás, de doble arco de medio punto sobre machóns e no segundo corpo, un frontón oco triangular redondeado coroado por unha cruz de pedra. Esta espadana que trunca a cornixa, dispóñense lonxitudinalmente nun imaxinario eixo central. Os escasos ornamentos da edificación, concéntranse aquí, como os acroterios que rematan os estremos da fachada ou os pináculos da espadana.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (16-01-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (19-02-2023)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 23-02-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.PALACIO, DÁMASO18715072
    EspadanaMaior.PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)187165159

  • Ficha reducida (PDF)
  • MESÍA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 45 Visitants: 45 Usuaris: 0