
| Descricion |
Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). Presenta un planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O interior é moi sobrio dende o punto de vista ornamental, destacando o retablo do altar maior de características neoclásicas. Aos pés da nave sitúase un coro alto. O exterior concentra a decoración na fachada principal; no seu eixe vertical central superpóñense a porta de entrada, un pequeno van abucinado e, rompendo a cornixa, a base da espadaña de dous corpos, o primeiro composto por tres machóns que dan lugar aos ocos das campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
Autorwww.turismo.gal (Xunta de Galicia) (22-02-2023) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (22-02-2023) |
|