Inventario de Campás

Igrexa de Santa Mariña de Lemaio. - A LARACHA (GALICIA)

(Referencia: 12600)
O Grixario, s/n.
15146 A LARACHA


Descricion Estamos ante unha igrexa rural con planta de salón, dunha soa nave con cabeceira de planta rectangular, presbiterio e sancristía, de orixe románica. A cuberta está resolta a dúas augas, con cubrición de fibrocemento, estrutúrase por medio dunha bóveda de canón rebaixado que se apoia nos muros de carga de mampostería. Están reforzados por dous contrafortes, coincidentes co arco de medio punto interior que separa o presbiterio da nave. Interiormente, a igrexa está precedida por un vestíbulo sobre o que se encontra o coro, ó que se accede por unha escaleira de caracol situada na parte dereita da mesma, que tamén conduce á espadana. Ó pé da escaleira sitúase unha pía de auga bendita, formada por dous capiteis prerrománicos.
A fachada principal, está construída con cantería irregular, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó coro. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco circular no medio, flanqueado por dous pináculos piramidais e coroa o conxunto outro pináculo piramidal cunha veleta e unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego,aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (18-12-2019)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (26-12-2022)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 26-12-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)190964.5155
    EspadanaMaior.OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)194974.5239

  • Ficha reducida (PDF)
  • A LARACHA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 15-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 14 Visitants: 14 Usuaris: 0