Inventario de Campás

Capela da Carballeira de San Xusto e Pastor - CERDEDO-COTOBADE (GALICIA)

(Referencia: 12588)
O Outeiro.
36121 CERDEDO-COTOBADE

Descricion O encanto da Carballeira de San Xusto, situada en San Xurxo de Sacos, no municipio de Cotobade, maniféstase non só polos seus carballos centenarios ou pola idílica capela que se alza neste espazo, senón tamén pola sona da súa romaría e a importancia desta zona na cultura popular.

A Carballeira de San Xusto é un lugar tradicional de encontro e referencia de lendas, vellos contos e cancións. A riqueza natural de San Xusto maniféstase a través da súa abundante vexetación, onde sobresaen os bosques de ribeira xunto aos caducifolios. Carballos centenarios, e soutos de castaños conviven con importantes zonas de vexetación densa formadas por fentos, enredadeiras ou mofos. Dunha ampla extensión no pasado, hoxe está moi minguada.

A contorna está presidida por un cruceiro e unha capela, na que os días 5 e 6 de agosto se celebra a romaría dos Santos Xusto e Pastor. Antigamente celebrábase unha danza das espadas, e os mozos da zona ían á caza de cabras salvaxes descolgándose sobre os cantís do val. A veciñanza e a xente chegada en peregrinación participaba na procesión do santo polos lugares da parroquia, na que amais das imaxes de diferentes santos, ía o estandarte da Sociedade de Agricultores de San Xorxe de Sacos, fundada en 1903. Algúns dos peregrinos ían ofrecidos, levando caixas de mortos e ofrendas para puxar por elas.

A nave da pequena ermida é do século XVIII, pero conserva o presbiterio cuberto, do século XV ou XVI, con bóveda de nervaturas. Chaman a atención as as inscricións da capela que describen as indulxencias concedidas a este santuario polo el pontífice Clemente no ano de 1712.
Autor
  • FONTÁN COUTO, Mateo / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (06-12-2022)
  • Diario de Pontevedra 28/10/2022 (06-12-2022)
  • Diario de Pontevedra 28/10/2022 [1998. Colocada la campana de la capilla de la carballeira de San Xusto.
    "La capilla de la carballeira de San Xusto ya está completa, porque en la tarde de ayer le fue colocada la campana robada hace dos años. La Comunidad de Montes de San Xurxo de Sacos (Cotobade) ha colaborado económicamente junto a la comisión de fiestas a la compra de la campana, presupuestada en 300.000 pesetas. Fue realizada por la empresa "Fundiciones Ocampo" de Arcos da Condesa, empresa que conserva la tradición de utilizar el mismo método de forja utilizado desde su fundación en 1614".] (06-12-2022)
  • TerrasdePontevedra.org. (12-12-2022)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 12-12-2022

    Campás desaparecidas

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19985596

  • Ficha reducida (PDF)
  • CERDEDO-COTOBADE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 65 Visitants: 65 Usuaris: 0