

| Descricion |
Edificación relixiosa construída a base de cantaría granítica labrada e escuadrada na fachada principal e de cachotaría no resto. Posúe planta rectangular cunha soa nave, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. A sancristía parece adosada a un dos muros laterais.
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso lintelada, pináculos con forma de diamante nos esquinais e, de remate, unha espadana de dobre arco rematado con pináculos e cruz metálica no cume.
Esta igrexa substitue a outra anterior de época románica. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (29-11-2022) FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (29-11-2022) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (29-11-2022) |
|