Inventario de Campás

Igrexa de Santa Cristina de Lavadores - VIGO (GALICIA)

(Referencia: 12536)
Rúa de Santa Cristina, 2.
36214 VIGO

Descricion Igrexa parroquial levantada polo Mestre Rodrigo cara ao ano 1201 da nosa era segundo se desprende dunha inscrición achada na propia edificación. Experimentou unha reconstrución no último terzo do século XIX aínda que se respectou en gran parte o orixinal edificio románico así como parte dos alzados laterais. O acceso ao interior faise a través dunha tripla arcada de medio punto. Este pórtico de entrada ten a particularidade de ter pegado un cruceiro inserido no muro, con basea de dobre chanzo, fuste circular, capitel e a imaxe de Cristo crucificado. A fachada, de cadeirado regular, áchase coroada pola figura de Santa Cristina enmarcada nunha fornela. A torre-espadaña sitúase no lateral esquerdo da Igrexa. Dentro da nave consérvase a figura dun León, parte do soporte dun sepulcro medieval e, nun terreo próximo, un antigo sepulcro de tipo antropomorfo que tamén puido pertencer ao templo.
Campás 3 campás.
Autor
  • AMORÍN, Fernando / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (18-11-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (18-11-2022)
  • GIL MARTÍNEZ, José Antonio / Wikipedia (18-11-2022)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (19-11-2022)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 19-11-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMaior.CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)1920
    Torre-campanarioMediana.CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)1920
    Torre-campanarioMenor.PELLÓN (SAN BREIXO DE ARCOS)1823

  • Ficha reducida (PDF)
  • VIGO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 13-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 26 Visitants: 26 Usuaris: 0