

| Descricion |
A capela posúe unha única nave con teitume a dúas augas con tella do país. Na fachada destaca a fornela central sobre a porta de entrada, na que aparece a imaxe da Virxe, e a súa espadana rectangular de dobre arco rematado con pináculos.
A edificación foi rehabilitada a principios do século XXI.
Nesta capela celébrase a Festa da Pascuilla de Lamas, de carácter campestre, que se celebra cincuenta días despois da Pascua. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (24-12-2013) FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (13-11-2022) |
|