

| Data de construción |
Século XII. |
---|
Descricion |
Igrexa de estilo románico do século XII (1183), de tipoloxía rural moi frecuente na bisbarra. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior o tránsito entre o presbiterio e a nave realízase a través dun arco triunfal apuntado. O templo só ten bóveda na ábsida, que se reforza con dous arcos, o triunfal e outro intermedio, que arrancan de catro semicolumnas pegadas e coroadas por capiteis ornamentados con grosas follas, e fitas en espiral. No exterior concéntrase a decoración na fachada principal, onde destaca o tímpano. Posúe unha inscrición que fai referencia ao presbítero Pelayo de Oídes e ao ano de construción. |
---|
Estado actual |
Bo. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (22-10-2021) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (11-11-2022) |
|