
| Descricion |
A planta da igrexa de San Salvador é dunha soa nave con capelas laterais, cruceiro, capela maior con sacristía apegada e unha capela lateral á esquerda, que racha a harmonía do edificio. O estilo é barroco popular, posiblemente do século XVII. O crego e licenciado Pedro Tenreiro funda a capela de San Pedro en 1669. A do Santo Cristo fúndase en 1760. O retablo do altar maior foi realizado polo escultor Manuel Fernández de Ferrol, en 1857. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
Autorwww.turismo.gal (Xunta de Galicia) (04-11-2022) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (04-11-2022) |
|