Inventario de Campás

Igrexa de San Martiño de Olveira - DUMBRÍA (GALICIA)

(Referencia: 12434)
Lugar de Olveira, 8,
15151 DUMBRÍA

Descricion A Igrexa de Olveira, lugar vinculado á peregrinación xacobea a Fisterra e Muxía, presenta unha planta de cruz latina cunha capela maior rectangular, aínda que un pouco estreita. Posúe unha sancristía apegada ó muro norte do presbiterio. Unha bóveda de canón cobre a capela maior. Esta capela queda unida ó resto da edificación mediante un arco triunfal sobre semicolumnas apegadas.
Para iluminar o interior abriuse un óculo sobre o arco triunfal. A nave, estreita e alongada, cóbrese con bóveda de canón rebaixada de cemento e reforzada por tres arcos faixóns sobre pilastras dóricas que dividen a nave en catro tramos.
No cruceiro levántase dúas capelas iguais; a da dereita dedicada ó Santo Cristo e a da esquerda á Virxe do Carme. A diferencia da nave central, estas capelas cóbrense con bóvedas de cantería granítica e ábrense á nave central mediante un arco sinxelo. Un coro alto de cemento sitúase ós pés da igrexa, como é habitual nos templos deste concello.
Ó exterior obsérvase unha graduación dos volumes, xa que a nave central é máis elevada cás naves laterais. Cóbrese cun tellado a dúas augas ó igual cá ábsida. A fachada é de forma pentagonal de perfectos perpiaños de granito. Un eixo vertical organiza a distribución da fachada; de abaixo arriba aparecen a porta semicircular sen ornamentación, un van coa imaxe de San Martiño, unha fiestra rectangular, un corpo xeométrico decorado con placas e unha torre de dous corpos coroada por unha cupuliña. O retablo barroco da capela maior fórmano dous corpos divididos en tres bandas. Destacan pola súa talla as columnas salomónicas da banda central, máis alta e ancha cás laterais.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (12-08-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (12-10-2022)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 12-10-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.OCAMPO, HERMANOS197177264
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO, HERMANOS1972103633

  • Ficha reducida (PDF)
  • DUMBRÍA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 15-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 51 Visitants: 50 Usuaris: 1 - francesc