Inventario de Campás

Igrexa de Santa María de Dodro - DODRO (GALICIA)

(Referencia: 12248)
Lugar Igrexa, 96.
15981 DODRO

Descricion Esta igrexa ten un grande interese como exemplo de parroquial rural proxectada por Simón Rodríguez por mor da peculiar solución de cuberta en forma de vieira ou cuncha nas dependencias laterais da capela maior e, tamén, polo retablo principal (de 1740) de deseño e talla compostelán, o cal tamén pode atribuírse con toda seguridade a Simón Rodríguez. Ten planta en cruz latina, con nave única de dous tramos, situándose sobre o último a tribuna. Cruceiro cun tramo e capela maior rectangular. Detrás do presbiterio atópase a sacristía, tamén de planta rectangular. A nave da igrexa e o presbiterio cubríase cunha bóveda de canón, ó igual que os brazos do cruceiro, onde se emprega a bóveda de aresta. Os nichos da capela maior se pechan con bóveda en forma de grandes vieiras. En canto a fachada principal, responde ó mesmo criterio de sinxeleza que o interior. A porta ten unha grande riqueza de molduras e está coroada por un frontón triangular interrompido por unha fornela en forma de vieira que preside a imaxe da Asunción. No lado norte levántase a torre-campanario, de base cuadrangular e triplo corpo, pechándose en planta octogonal rematado nunha pequena cúpula con nervios sobresaíntes. Todo elo responde a unha libre interpretación do deseño de Simón Rodríguez. A igrexa foi restaurada no ano 1992, co arranxo da bóveda e do tellado e a colocación dun novo piso de pedra.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (29-08-2022)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (29-08-2022)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 01-09-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.BLANCO PAZ, FELIPE182779285
    Torre-campanarioMaior.LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)186995496

  • Ficha reducida (PDF)
  • DODRO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 37 Visitants: 37 Usuaris: 0