
| Data de construción |
Século XIX. |
---|
Descricion |
Igrexa construída entre os anos 1802 e 1804 imitando os vellos modelos do s. XVII da bisbarra do Val do Landro, que substitúe a vella igrexa situada no mesmo lugar. De fábrica de cachotería luosenta e granítica, con reforzos de vans e esquinais de cadeirado de granito, e cuberta luosenta a dúas augas en naves, a catro en presbiterio e a tres en sancristía engadida na cabeceira. De tres naves separadas por piares e arcos. Amplos e robustos contrafortes no muro lateral dereito, para evitar a caída do templo. Fachada principal con ampla porta alintelada, ventá cuadrangular e frontón triangular, ao lado da que se coloca a bonita torre campanario de dous corpos, con balaustrada e cúpula bulbosa, con porta lateral alintelada. Interior: retablo maior da segunda metade do s. XVIII, procedente da igrexa anterior á actual, dous retablos laterais neoclásicos, con varios talles de interese, e varios confesionarios antigos. Cemiterio parroquial antigo en fronte da igrexa. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
Autorwww.turismo.gal (Xunta de Galicia) (12-08-2022) Campás e reloxos monumentaais de Galicia (FRANCO BARROS, Oscar) (12-08-2022) |
|