Inventario de Campás

Igrexa de San Miguel de Treos - VIMIANZO (GALICIA)

(Referencia: 12195)
Lugar de Quintáns, 2.
15126 VIMIANZO


Descricion A igrexa de San Miguel de Treos presenta planta de cruz latina co presbiterio de planta cadrada. Está cuberta por unha bóveda de canón e sostida por dous arcos que descansan sobre columnas.
Presenta unha soa nave dividida en tres tramos separados por arcos. Ademais, un grande arco triunfal formado por arquivoltas tóricas comunica a ábsida directamente coa nave. Dúas capelas de planta cadrada apegadas ós muros norte e sur converten a planta desta igrexa nunha planta de cruz latina.
No ano 1813 o templo reformouse engadíndolle a actual fachada, de traza moi sinxela, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta alintelada e con molduras e que ten unha cornixa no ancho da portada. Sobre o ingreso vai unha xanela cadrada moldurada e sobre esta un van octogonal onde vai posto hoxe en día un altofalante. Todo este esquema da fachada de forma pentagonal remata cunha cornixa que vai coroada por unha cruz de pedra e flanqueada por pináculos redondeados e piramidais. A mediados do século XX, concretamente nos anos 1956 e 1957, levántase a torre, apegada ó muro sur.
O retablo maior é de trazado neoclásico aínda que a súa decoración revela pervivencias dos estilos anteriores. Nel o crucificado é unha talla barroca do 1797.
Ó exterior os canzorros da ábsida e dos muros da nave engaden interese a este conxunto.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (12-08-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (18-12-2021)
  • 5 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 29-12-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioCampá menor (1)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)191967174
    Torre-campanarioCampá maior (2)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)191976254

  • Ficha reducida (PDF)
  • VIMIANZO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 23-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 63 Visitants: 63 Usuaris: 0