Inventario de Campás

Igrexa de Santa María de Leboreiro - MELIDE (GALICIA)

(Referencia: 12170)
Lugar de O Leboreiro, s/n.
15809 MELIDE



Descricion A igrexa de Santa María de Leboreiro é gótica, aínda que persisten nela concepcións e motivos ornamentais característicos do Románico. Ten nave rectangular e ábsida circular. Salienta pola súa portada principal, con arco e arquivolta oxivais. No tímpano aparece esculpida en altorrelevo a Virxe, sedente e coroada sostendo o Neno con ambas as mans, que pousa de pé sobre a perna esquerda da mai. A unha e outra beira aparecen esculpidos en baixorrelevo anxos que achegan filacterios e incensarios. Os capiteis das columnas da portada representan basiliscos.

O acceso ao presbiterio faise a través dun arco triunfal de medio punto. No testeiro da nave hai un Agnus Dei, formado por un carneiro e unha cruz acrótera. O aleiro da ábsida está ornamentado por unha serie de canzorros con figuras e cabezas humanas e de animais e no lateral sur temos uns canzorros sinxelos, dous deles decorados con cunchas de vieiras.
No interior da igrexa achamos unha interesante colección de escultura relixiosa de varias épocas e estilos. No muro lateral esquerdo hai unha imaxe da Virxe sedente, co Neno no colo, en madeira policromada, talvez do século XIV. Tamén se conserva un panel de pintura mural realizada no segundo terzo do século XVI, coas representacións da Flaxelación de Xesús, a Visitación de Santa Isabel e o Martirio de San Sebastián. A parede do arco triunfal ten restos pictóricos dun Cristo crucificado.
Campás 1 campá.
Autor
  • turismomelide.com (04-08-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (04-08-2022)
  • 4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 20-11-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.DE LA SOTA, JUAN MARÍA19074553

  • Ficha reducida (PDF)
  • MELIDE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 15-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 44 Visitants: 44 Usuaris: 0