Inventario de Campás

Igrexa de Santiago de Baamonde - BEGONTE (GALICIA)

(Referencia: 12154)
Rúa do Museo, 10.
27371 BEGONTE


Descricion Edificación relixiosa feita en cantaría granítica e de xisto, de planta rectangular e cuberta a dúas augas na nave, catro no presbiterio e tres na sancristía. Os muros laterais presentan contrafortes. Na cornixa vemos un conxunto de once canzorros e un Agnus Dei.
Na fachada principal vemos unha porta de acceso composta de dúas arquivoltas na que destacan unha serie de pequenos arcos apuntados. O conxunto posúe capiteis con motivos vexetais. Máis arriba unha pequena ventá oxival xeminada e, de remate, unha espadana dun só corpo e dous ocos.
Nunha das fachadas laterais existe outra porta de acceso, similar á porta principal.
No interior destaca un arco triunfal con arco apuntado. Tamén podemos ver dous sartegos que foron feitos para un sobriño do bispo Vaamonde e outro para a súa dona Constanza de Castro (filla bastarda do mariscal Pardo de Cela), pero que nunca foron utilizados.
Esta igrexa comezou a construirse no século IX (do que se conserva un perpiaño prismático que foi utilizado como pía bautismal), con posteriores reformas e modificacións no século XII (a nave) e XV (a capela maior). Foi derrubada no ano 1101, época da Revolta Irmandiña, e volta a por en pé por Pedro Arias Vaamonde, bispo de Mondoñedo.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Óscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (12-10-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (14-10-2021)
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (14-10-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-10-2023)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 16-10-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)2001
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)2001

  • BEGONTE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2023)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 05-12-2023
    Convertir a PDF

    Connectats: 21 Visitants: 21 Usuaris: 0