Inventario de Campás

Igrexa de Santa María de Baio - ZAS (GALICIA)

(Referencia: 12140)
Lugar de Baio pequeno, 25
15150 ZAS


Descricion A Igrexa de Santa María de Baio ten planta de salón formada por unha nave rectangular e unha capela maior. A sancristía apégase ao muro leste do presbiterio. A capela maior cóbrese cunha bóveda de canón, protexida por un arco faixón na súa parte central, como é habitual na zona. Un arco triunfal comunícaa directamente coa nave. Esta cóbrese con teitume de madeira, mentres que a sancristía aparece cuberta cunha bóveda de crucería nervada.
Volumetricamente ó exterior diferéncianse tres volumes, claramente en xustaposición: nave, presbiterio e sancristía. Os dous primeiros con tellados a dúas augas e o terceiro con tellado a tres vertentes.
A fachada, de cantería, ten un grande interese formal xa que a súa porta principal aparece enmarcada por unha dobre orelleira. Esta posúe molduras entrantes e saíntes que lle outorgan gran plasticidade. Como edificio barroco, a cornixa mixtilínea acentúa o movemento, o que tamén contribúe a fornela que alberga á Virxe titular.
A espadana móstrasenos sobre unhas cornixas de sinxelas molduras. Está formada por un único corpo composto por dous arcos de medio punto sobre grandes pilastras. Balaústres de pedra completan o xogo de claroscuros, predominantes nesta fachada. Un frontón triangular aberto no centro remata o frontispicio.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (12-08-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-01-2021)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 26-08-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menor (1)CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)1944
    EspadanaCampá maior (2)CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)1944

  • Ficha reducida (PDF)
  • ZAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 24-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 73 Visitants: 73 Usuaris: 0