Inventario de Campás

Igrexa de San Xián de Soñeiro - SADA (GALICIA)

(Referencia: 12113)
Campo de Sar, 26
15168 SADA

Descricion Igrexa parroquial de planta rectangular cunha soa nave e cabeceira recta. Posúe uns volumes acaroados todo ó longo do muro norte, con menor altura que a nave principal. A cubrición resólvese a dúas augas, a prolongación do aleiro cobre os volumes laterais, con tella cerámica plana. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco, con cantería á vista en esquinais e ocos. Consta dunha porta e dúas xanelas rectangulares no muro lateral norte da nave. O testeiro posúe cornixa de cantería con dous pináculos moi ornamentados rematando os esquinais tamén de cantería e cruz de pedra central.
A fachada principal segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada cunha moldura superior coa forma dun arco de medio punto. Sobre o ingreso atópase unha xanela rectangular cun balcón de pedra e balaustrada de forxa. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos franqueado nos esquinais por pináculos moi moldurados rematados en bóla. Ademais consta dunhas volutas espirais que unifican a cornixa curvilínea. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Orazo (A Estrada). O segundo corpo un frontón triangular curvo cun oco circular e rematado por un pináculo e unha cruz de forxa.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (18-04-2020)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (17-05-2021)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 21-04-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)1861
    EspadanaCampá grande (2)PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)186265159

  • Ficha reducida (PDF)
  • SADA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 25-02-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 27 Visitants: 26 Usuaris: 1 - francesc