| Data de construción |
Século XVII. |
---|
Descricion |
Foi construída no século XVII, e deixou de ser igrexa parroquial no 1844. De planta rectangular, conta con nave e capela maior, cunhas dimensións pequenas. Ten muros de cachotería revocados con cemento, tellado a dúas augas. A fachada é pentagonal e, ademais da porta, ten unha das dúas pequenas fiestras que ten a capela en total. No centro sobresae unha espadana, tamén de pequenas dimensións, cunha campá central nun arco de medio punto. |
---|
Campás |
1 campá. |
---|
Autorwww.turismo.gal (Xunta de Galicia). (29-05-2022) |
|