Inventario de Campás

Igrexa de Santa Baia de Tines - VIMIANZO (GALICIA)

(Referencia: 11917)
Lugar de Tines, 63.
15126 VIMIANZO

Descricion A igrexa de Santa Baia de Tines construíuse sobre os restos dunha vila romana e dunha importantísima necrópole romano-sueva, dos que se atoparon restos no pasado século.
A igrexa sufriu bastantes reformas, incluso a incorporación dunha ermida, a Ermida Vella, que agora é a capela sur. A parte máis antiga é a ábsida, a capela maior, de estilo románico do século XII. O máis interesante son os seus capiteis historiados. O do lado norte representa a escena do pecado e castigo de Adán e Eva e a do lado sur, o martirio de Santa Baia de Mérida, a quen está dedicado o templo. Son de feitura moi rústica, pero bastante raros na zona. Aseménllanse un pouco á escultura castrexa.
Tamén conta cun fermoso retablo barroco na Ermida Vella, realizado en 1751 por Ignacio Martínez.

Exteriormente conta cunha estreita ventá seteira rematada en arquiño de medio punto. Na porta de entrada ó adro existe unha figura dun Agnus Dei, que posiblemente sexa románico tamén.
Campás Campás de Santa Baia de Tines (Vimianzo, A Coruña). Tanto a maior como a menor fundidas en 1914 polos Ocampo de Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra).
Autor
  • RIAL, Manuel (PATRIMONIOGALEGO.NET) (14-09-2011)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (11-06-2022)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 29-12-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19144553
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19145596

  • Ficha reducida (PDF)
  • VIMIANZO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 25-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 87 Visitants: 87 Usuaris: 0