
| Descricion |
Igrexa de estilo barroco rural. Planta de cruz latina cunha soa nave, sancristía rectangular e presbiterio. No interior, nave con bóveda rebaixada e teitume de madeira. O presbiterio, con estrutura aérea abovedada e espazo central plano, está delimitado por un arco triunfal de medio punto. No exterior, muros revestidos e branquexados exceptuando os esquinais e recercado de ocos. Cuberta de lousa e tella curva nas esquinas, a dous, tres e catro augas. Complexa volumetría que reflicte os distintos corpos anexionados ao central. Austera fachada principal, organizada nun corpo, con porta rectangular e pequeno oco para a iluminación. Sobre a cornixa, espadaña de dous corpos rematada por pináculos con bólas. (WWW.turismo.gal Xunta de Galicia). |
---|
Estado orixinal |
Bo |
---|
Campás |
Ten 2 campás: A maior, de 1926 fundida por Gregorio Lemos en Monforte de Lemos (Lugo). A menor, de 1885 fundida por Francisco Menéndez en Xubia (Narón, A Coruña). |
---|
|