Inventario de Campás

Igrexa de Santo Estevo de Morás - ARTEIXO (GALICIA)

(Referencia: 11846)
Lugar do Igrexario, 2.
15690 ARTEIXO

Descricion Consta de unha soa nave e unha ábsida rectangular abovedada, cos contrafortes unidos en dous arcos semicirculares. O fondo da ábsida ten unha xanela románica, de arcos de medio punto, cegada. A fachada sinxela con saeteiras laterais e portadas ós pés e a ámbolos muros. Coas reformas que se fixeron no século XVIII, desapareceron a fachada e o muro occidental. No interior da nave cubríase de madeira a dúas augas e a ábsida con bóveda de canón apuntada, propia da segunda metade do século XII. No presbiterio éntrase por un arco triunfal apuntado sobre semicolumnas acaroadas.
No ano 1791 desplomouse a cuberta da nave arruinando o muro norte e a fachada. A reparación do enorme dano, obrigou a tapiar cunha porta a ábsida que se mantivo intacta, gastando nela tres mil reais por parte dos feligreses e que lle foron deducidos dos diezmos que a freguesía aboáballe á Colexiata da Coruña. Das intervencións que se fixeron, ademais do dito muro e fachada, engadíuselle a espadana e a sancristía. Do periodo románico consérvanse as pezas labradas dos canzoriños e capiteis do interior da ábsida, con temas zoomorfos e cabezas de can baixo as cornixas. As lousas cadradas do chan antigo cubren na actualidade o adro do templo, mentres a portada sur de arco semicircular e a ventana da ábsida, ámbalas románicas, atópanse, como xa dixemos, tapiadas.
As medidas desta igrexa son de 11,35 metros de longo que coincide con 35 pés carolínxios, unidade francesa de uso común no románico, e que correspondía co tamaño do pé de Carlomagno (pé de rei), e de 6,5 metros de ancho interior da nave, 20 pés carolínxios. O interior da ábsida as medidas son de 5,7 por 4,45 metros (17,5 x 13,5 pés carolínxios).
Os datos coñecidos sobre este templo remóntanse ó ano 1141 na que a viuva do conde Fernando pérez de Traba, Dona Sancha González, retirouse para facer vida monástica ó cenobio de Cambre. A condesa donou ó mosteiro de Cambre, a igrexa e freguesía de Morás, coas súas pertenzas e dereitos, dos que dispoñía por concesión do rei galego Afonso VII.
Hai tamén no século XII referencias a esta igrexa denominada “Moralias” que fora consagrada polo arcebispo Xelmírez. O prelado adquirira varias igrexas xa existentes na comarca de Nendos e Faro, para restauralas e consagralas de novo.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (14-03-2014)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 21-10-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)OCAMPO, HERMANOS196468182
    EspadanaCampá grande (2)CAGIGAL, JOAQUÍN DE181969190

  • Ficha reducida (PDF)
  • ARTEIXO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 25-02-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 30 Visitants: 30 Usuaris: 0