Inventario de Campás

Igrexa parroquial de Santa María de Entíns - OUTES (GALICIA)

(Referencia: 10137)
Lugar de Entíns, s/n.
15236 OUTES


Descricion A igrexa primitiva de Santa María fora a máis antigua de toda a comarca, como se pode deducir dos canzorros románicos, sobre os que apoiaba o seu tellado. Nos primeiros anos XVIII comezouse a facer outro edificio de maiores dimensións. Segundo Xoán Mariño:.. ”as obras foron dirixidas polo mestre Blas Batela, e rematadas no ano 1720 segundo unha inscrición visible na bóveda do cruceiro. Polo tanto a igrexa está feita en plena época barroca, pero salvo a decoración da fachada, o edificio ten como característica principal unha austeridade ornamental que nos dá unha sensación de gran solidez, pero tamén de pesadez”.
A planta é de cruz latina co testeiro recto e capela cadrada que fai as funcións de sancristía no lado norte do presbiterio. No muro occidental ábrese a porta principal e ten outra máis pequena no muro sur do brazo maior. Os muros son de cadeirado de granito completamente lisos, agás na portada. Esta aparece decoradas con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta, esta vai flanqueada por pilastras caixeadas que sosteñen unha moldura doble que fai as veces de entablamento, a cornixa sobresae máis notablemente e sobre ela descansa un frontón de liñas crebadas con pináculos, o do medio leva unha cruz. A igrexa vai cuberta con bóveda de canón, menos o cruceiro, que leva bóveda de aresta e o segundo tramo do brazo maior, así como o presbiterio, que levan bóveda de canón con lunetos, apoiadas todas sobre arcos faixóns reforzados que descansan sobre ménsulas, agás cos arcos do cruceiro, que o fan sobre pilastras caixeadas.
Campás 3 campás.
Autor
  • VIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (23-11-2011)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (04-03-2023)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    ALBORÉS, CarmenEjercicios de poder2019
    4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 04-03-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre exentaMenor.SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)181264152
    Torre exentaMediana.OCAMPO, HERMANOS197389408
    Torre exentaSan RoqueOCAMPO, HERMANOS1973106690

  • Ficha reducida (PDF)
  • OUTES: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 20-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 82 Visitants: 81 Usuaris: 1 - francesc