
| Descricion |
Igrexa de estilo barroco que conta cunha esvelta torre-campanario central e dúas pequenas laterais que flaquean a fachada principal. Nunha delas aparece un reloxo do que se di que foi feito a modo de doazón á parroquia.
Na fachada, neoclásica, a porta enmárcase entre pilastras e coróase cun frontón partido no que se abre unha fiestra.
No seu muro septentrional atópanse varios sepulcros e inscricións nas paredes que amosan que houbo varios bispos que dende aquí foron a predicar a outros lares. Tamén conta cun curioso mausoleo de orixe descoñecida. |
---|
Campás |
3 campás. |
---|
AutorXANDLINATHRY / PATRIMONIOGALEGO.NET (13-12-2011) FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (22-02-2023) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (23-02-2023) |
|