Campá dos cuartos (A) - Catedral de San Martiño - OURENSE (GALICIA)

(Referencia 6390)
  • Arquivo sonoro da campá

  • Localización Estrutura de forxa no tellado
    Diámetro (en cm) 50
    Peso aproximado (en quilogramos) 72
    FundidorDE LA VEGA OTERO, FRANCISCO ANTONIO (VALLE DE HOZ, CANTABRIA)
    Ano de fundición 1728
    Descricion A campá presenta unha soa inscripción, en tres niveles: "IHSMARIA ✱ IJOSEPH ✱ ANODE ✱ 1 7 2 8 ✱ ✱ " / " ✱ SANCTA MARIA MAIOR ORA PRO NO BIS ✱ " / " ✱ VEGA ME FECIT ✱ " que deberon escribir "IHS MARIA ET JOSEPH. ANNO DE 1728. SANCTA MARIA MAIOR ORA PRO NOBIS. VEGA ME FECIT". que se traduce como JESÚS, MARÍA E JOSE. ANO DE 1728. SANTA MARÍA A MAIOR ROGA POR NÓS. FÍXOME VEIGA.
    Como apuntamos noutras campás desta catedral, o anagrama de Jesús, que deberon escribir "IHΣ", corresponde á abreviatura de IHΣYΣ, e escríbese usualmente como IHS. Outra variante JHS procedería do latín, aínda que a segunda letra é o Eta ou E longa grega. Foi introducido como devoción por San Bernardino de Siena. O seu significado é polivalente: para uns é o inicio do nome de Jesús en grego, para outros son as siglas latinas de IESVS HOMO SALVATOR (JESÚS SALVADOR DO HOME).
    A invocación á Sagrada Familia é habitual en campás do século XVIII, e constitúe unha frase común, a miúdo seguida do nome real da campá. Algúns fundidores seguen utilizando estes tres nomees como inicio da epigrafía nos nosos días.
    A invocación a Santa María a Maior procede das letanías.
    A utilización do "1" na data é moi temprana, como apuntamos noutras campás.
    Finalmente VEIGA é un fundidor, quizais asociado a un reloxeiro, do que coñecemos ata o momento únicamente outra campá, precisamente a dos cuartos da Catedral de Tui. Hai que recordar que os reloxos antigos soamente posuían unha campá das horas, e en moitos casos carecían de mostra ou esfera, actuando soamente sobre a campá. Cando se aplica o péndulo, inventado a principios do XVII, pero que chega aos nosos reloxos a principios do XVIII, os reloxos gañan tanto en exactitude que xa poden marcar os cuartos con certa seguridade; é entón cando se funden a maioría destas campás menores.
    No medio da campá hai, por unha banda, unha cruz de calvario con tres clavos e unha vela a cada lado do pedestal. Polo outro lado hai tres imaxes superpuestas, é dicir unha encima da outra: unha Virxe, unha custodia, e finalmente un busto de Santa Bárbara, onde di "BARBARA".
    Algúns detalles da campá, incluso as dimensións, non foron documentados, polo difícil acceso á mesma.
    Terzo (T) (Cordón) /
    "IHSMARIA ✱ IJOSEPH ✱ ANODE ✱ 1 7 2 8 ✱ ✱ "
    Medio (M) (00) (Cruz de calvario con tres cravos e una vela a cada lado)
    (06) (Virxe) / (Custodia) / (Santa Bárbara) "BARBARA"
    Medio pé (MP) (2 cordóns) /
    " ✱ SANCTA MARIA MAIOR ORA PRO NO BIS ✱ " /
    (2 cordóns) /
    (Marca de fábrica) " ✱ VEGA ME FECIT ✱ "
    Prima Reb 5 -24
    Hum Fa 4 -31
    Terceira Fa# 5 +49
    Quinta La 5 +19
    Oitava Mib 6 -07
    Toques tradicionais de campás Cuartos do reloxo
    Toques actuais de campás Non se toca
    Cepo Estrutura de ferro forxado
    Estado anterior Descoñecemos onde estaba situada esta campá. Nunha fotografía da catedral de 1961 neste lugar atópase a gran campá das horas, co mesmo mazo exterior de grandes dimensións que aínda se conserva.
    Estado actual A campá non ten badalo, como é habitual nas campás de reloxo. O mazo, propio da campá das horas, tampouco está conectado a ningún mecanismo.
    Mecanismos de toque Mazo exterior por gravidade
    Propostas A campá debe ser limpada, por dentro e por fóra, para recuperar a sonoridad orixinal.
    De xeito simbólico, por historia ou por acústica, é inadmisible que as campás litúrgicas, que teñen unha función propia, soen os cuartos e as horas do reloxo.
    Deben ser as campás do reloxo, restauradas e situadas na súa estrutura metálica, unha encima da outra (a máis aguda e menos pesada encima) as que deben tocar, polo menos durante o día cuartos e horas. Tamén sería recomendable que o fixesen de noite como noutras catedrais galegas (Santiago, Mondoñedo), aínda que a desaparición do reloxo mecánico xustifica difícilmente esta opción.
    Na medida do posible, e do recomendable, ambas campás deben tocar por mazos externos por gravidade e non por electromazos ou similares.
    O razoable sería tocar cuartos e horas (sen repetición) desde as oito da mañá ás doce da noite, e as horas e un golpe da campá de cuartos á media desde as doce e media ata as sete e media da mañá.
    De ningún modo deben dotarse estas campás de badalos, nin deben nin poden participar noutros toques que non sexan os do reloxo.
    Protección Protección genérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
    Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades e reproducir os toques tradicionais.
    Observacións Medidas aproximadas - Durante a documentación da campá esquecemos medila

    Autors da documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (09-09-2006)
    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 10-11-2023
    55 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 29-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 90 Visitants: 89 Usuaris: 1 - francesc