Campá de sinais (0) - Catedral de Santa María - TUI (GALICIA)

(Referencia 6372)
  • Arquivo sonoro da campá

  • Localización Tellado
    Diámetro (en cm) 39
    Altura do bronce 33
    Bordo 4,5
    Peso aproximado (en quilogramos) 34
    Ano de fundición 1776
    Descricion A campá ten a inscrición habitual das campás galegas, aínda que moi abreviada. Di "IHS MARIA IJPH ANO DE I 7 7 6" que deberon escribir "IHS MARIA ET JOSEPH ANNO I776" e que se interpreta como JESÚS, MARIÁ E JOSÉ - ANO DE 1776. Como é habitual o nome de Jesús está escrito co seu anagrama en grego.
    Á parte de fóra ten unha imaxe de San Juan Bautista, e á de dentro unha cruz con pedestal.
    Non se indica o nome do autor, que é o mesmo que fixo a campá María do Santísimo Sacramento.
    Terzo (T) (Cordón) /
    "IHS MARIA IJPH ANO DE I 7 7 6" /
    (cordón)
    Medio (M) (00) (San Juan Bautista)
    (06) (cruz con pedestal) /
    (3 cordons)
    (Cordón)
    Toques tradicionais de campás Seguramente os sinais aos campaneros e ata o último toque de coro diario.
    Toques actuais de campás Non se toca.
    Estado actual (11) grande buraco no meio pé, producido seguramente pola saída dunha bala de grande calibre ou dun pedazo de metralla.
    Mal orientada (a cruz cara o interior)
    Mecanismos de toque Ferro
    Propostas Posiblemente o máis adecuado sería substituír o cepo de ferro por outro de madeira, que melloraría notablemente o son desta campá moi aguda. A madeira debería ser resistente á intemperie, pero a campá ten que permanecer en s mesmo lugar actual, que dá un aspecto característico á terraza da torre da Catedral.
    Do mesmo xeito un mecanismo debería tirar da soga, sen pór directamente un motor á campá, para manter o toque antigo así como ese perfil da torre. De ningún modo a campá debe voltear completamente e tampouco ser dotada de electromazo exterior.
    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente de inclusión da campá e do cepo no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
    Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.
    Instalación A instalación foi substituída e debe ser reconstruída para restaurar os valores sonoros e culturais do instrumento, asi como os toques tradicionais.

    Autors da documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (11-09-2006)
    Editor da ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
    Actualización 07-12-2016
    23 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 06-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 44 Visitants: 44 Usuaris: 0