Cimbalico (5) - Catedral de Santa María - LUGO (GALICIA)

(Referencia 4940)

Localización Sala de campás
Diámetro (en cm) 77
Altura do bronce 70
Bordo 8
Peso aproximado (en quilogramos) 264
FundidorDE SOBRADO, GREGORIO
Ano de fundición 1740
Descricion Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas " # IHS # MARIA # I JOSEPH # A N O D E I 7 4 0 # # # # # # # # " . IHS é o anagrama de Jesús en grego. A inscrición emprega diversas linguas: o grego para o anagrama de Jesús, o latín para o nome de José, o español para a unión "E" (en latín sería "ET" e para o ano (en latín sería "ANNO")
Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal.
Debaixo, na parte exterior, está a marca de fábrica "GREGORIO DE SOBRADO ME HIZO # "
Hai separación entre as letras do texto, que non diferencia as palabras, posiblemente para ocupar todo o espazo.
Terzo (T) (2 cordóns) /
" # IHS # MARIA # I JOSEPH # A N O D E I 7 4 0 # # # # # # # # " /
(2 cordóns)
Medio (M) (00) (cruz con pedestal)
Medio pé (MP) (00) " # GREGORIO DE SOBRADO ME HIZO # " /
(3 cordóns)
Toques tradicionais de campás Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá).
Posible volteo.
Toques actuais de campás Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá).
Cepo Madeira
Estado actual Ten diversos defectos de fundición, que parecen grandes gretas, que non afectan ao son.
Ten numerosas manchas por excrementos de aves na parte interior da campá.
Toque manual.
Cepo pintado de verde.
Mecanismos de toque Corda ao badalo que chega ata a outra campá "Sardinera"
Propostas A campá debe ser limpada, por dentro e por fóra, para recuperar a sonoridad orixinal.
O cepo de madeira debe ser restaurado.
Debe utilizarse pintura adecuada para a protección da madeira e que ao mesmo tempo permita que respire.
En ningún caso debe ser dotada de electromazo externo.
Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 06-04-2008
29 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 24-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 54 Visitants: 54 Usuaris: 0