Campá no presbiterio - Catedral do Apóstolo Santiago - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

(Referencia 12973)

Localización Presbiterio do altar maior
Diámetro (en cm) 30
Peso aproximado (en quilogramos) 16
Ano de fundición 1844
Descricion A campá está mal orientada, coa cruz cara a fóra, o que permite neste caso a súa documentación. Na parte superior di "JHS ... DE I844". Con toda seguridade, a inscripción completa inaccesible di "JHS MARIA JOSE ANO DE I844" utilizando o anagrama de Jesús na súa versión latina. Esta inscripción JESÚS MARÍA JOSÉ é moi habitual nas campás galegas ata actuais. Hai un trazo moderno, como a utilización do anagrama latino e non do grego IHS máis corrente, pero un par de elementos máis antigos como a utilización do I para o milenio ou as cifras 8 e 4, máis propias do século anterior.
No medio hai unha cruz sen pedestal, coa forma en punta da Cruz de Santiago. É a primeira aparición desta cruz nas campás da Catedral, que utilizan a Concha e sobre todo o Sepulcro do Apóstolo como selo capitular.
Terzo (T) (Cordón)
"JHS ... DE I844"
(cordón)
Medio (M) (06) (Cruz de Santiago)
Medio pé (MP) (2 cordóns)
Toques tradicionais de campás O cepo ten unha palanca metálica, que permitía balancear a campá para marcar certos sinais: partes do coro, anuncio de misa, Consagración. Esa palanca carece de cordo na actualidade, e foi substituída por outra atada directamente ao badalo, o que limita os toques da campá.
Toques actuais de campás Anuncio de misa, Consagración.
Cepo Madeira
Estado actual O cepo de madeira é probablemente máis antigo que a campá, e de gran interese,xa que é un dos escasos cepos orixinais da Catedral. Debe ser conservado custe o que custe.
A campá ten unha sonoridad rara, quizais porque estea rota, aínda que a época da súa fabricación producía campás de escasa calidade. Hai que valorar o seu rotura, e no seu caso a súa restauración, para o que se debe acceder directamente ata a campá.
Mecanismos de toque Cordo ao badalo
Protección Protección genérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente de inclusión da campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles debido ao interese do conxunto.
Valoración En caso de rotura soamente pode ser soldada. Pode ser remplazada por unha campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Observacións Medidas aproximadas
Editor da ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 01-12-2016
7 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 25-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 80 Visitants: 80 Usuaris: 0