Inventario de Campás

Igrexa de San Pedro de Orazo - A ESTRADA (GALICIA)

(Referencia: 13590)
Lugar da Igrexa, s/n.
36588 A ESTRADA

Descricion A igrexa de Orazo é resultado da execución de diferentes etapas construtivas. A primeira campaña daría orixe a un templo prerrománico, datado en torno ao século X, do que se conserva unha peza alongada a modo de lintel sobre a porta da sancristía con decoración de sogueado (Segundo Yzquierdo Perrín, o fragmento citado podería formar parte dunha mesa de altar, como no caso de Santa María do Naranco).

Nunha etapa posterior, levaría a cabo unha importante reforma, na que, partindo dos cimentos da anterior, construíuse un novo templo románico, doado a Santiago en 1115 pola raíña Dona Urraca, e do que aínda se manteñen interesantes vestixios nos seus muros, entre eles, quedan seis canterías con inscricións, estudadas por Fermín Bouza Brey nos seus Epígrafes Medievaes da Eirexa de Ourazo.

Finalmente, xa en época moderna, efectuaríase a actual fachada occidental coa poderosa torre-campanario que a remata, construída no estilo denominado “barroco compostelán”.

Terra de mestres fundidores de campás que viviron e tiveron o seu obradoiro nesta freguesía como, Juan Manuel de la Vega, Francisco de la Vega, Pedro Hontañón, Juan Liste Pereiras e o seu fillo, José Liste Villanueva.
Campás 3 campás.
Autor
  • GARCÍA ROLDÁN, Alberto / PATRIMONIOGALEGO.NET (19-02-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-01-2024)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, XoséCampás e campaneiros da Estrada2023
    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 12-01-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.TABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS)196760125
    Torre-campanarioMediana.HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)184870199
    Torre-campanarioMaior.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)1913100579

  • Ficha reducida (PDF)
  • A ESTRADA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 12-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 69 Visitants: 69 Usuaris: 0