Inventario de Campás

Igrexa de Santa Uxía do Ézaro - DUMBRÍA (GALICIA)

(Referencia: 13537)
Lugar de Santa Uxía do Ézaro, s/n.
15297 DUMBRÍA

Descricion Igrexa de planta basilical con capela maior separada da única nave mediante arco triunfal sen decoración, formado por un arco de medio punto sobre pilastras. A nave do templo aparece compartimentada na súa estructura interior en catro tramos separados entre si por seis pilastras. A nave cóbrese con bóveda de canón e reforzada por tres arcos faixóns que descansan sobre tres pares de pilastras. Ós pés da nave aparece un coro alto de pequenas dimensións que comunica coa nave da igrexa mediante unha pequena escaleira.
A igrexa cóbrese con teitume a dúas augas que contribúe a reforza-la simplicidade de todo o conxunto constructivo. A iluminación do interior da igrexa realízase mediante xanelas rectangulares. Estes vans teñen unha disposición simétrica nos muros que están orientados ó norte e ó sur. A fachada principal, situada ó oeste, segue un esquema compositivo pentagonal na súa parte central. Un eixo vertical domina a súa composición e divídea en dúas partes simétricas. Segue un esquema usual na zona: o superpoñer nunha secuencia formal á principal, unha pequena fornela enriba da porta principal cunha imaxe enriba dun pedestal e unha xanela enriba desta. Sobre o muro sur levántase a torre das campás con dous corpos, esta sobresae da fachada rompendo esa simetría plana, o corpo inferior fórmano catro arcos de medio punto sobre piares; o superior forma o remate da torre cunha forma piramidal rematado por un pináculo moldurado con bóla.
No seu interior acolle unha escultura que representa a San Saturnino. É unha fermosa talla do século XVIII que reflecte o culto popular ó santo nesta zona. Represéntase por unha túnica e un manto, portando a palma do martirio e o cerebro. Outra imaxe a destacar é a da Virxe do Carme, unha obra realizada no obradoiro compostelán dos irmáns Rivas que condensa a devoción popular das vilas mariñeiras nesta zona da Costa da Morte.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (12-09-2014)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (05-12-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 10-12-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.BLANCO PAZ, ANTONIO18494656
    Torre-campanarioMaior.LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)188459119

  • Ficha reducida (PDF)
  • DUMBRÍA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 09-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 50 Visitants: 49 Usuaris: 1 - alepuz