Inventario de Campás

Igrexa da Santa Cruz da Veiga de Cascallá - RUBIÁ (GALICIA)

(Referencia: 13503)
Lugar da Veiga de Cascallá, s/n.
32311 RUBIÁ


Descricion A igrexa de A Veiga de Cascallá, aparte da súa notable beleza exterior e da súa acolledora espiritualidade interior, ten tras de sí unha curiosa e rocambolesca historia que contribúe a reforzar a súa xa de por sí enigmático emprazamento. Corría o 3 de maio de 1959 cando as augas do río Xares asolagaron para sempre as casas de Alberguería, no concello de A Veiga do Bolo. Ó pecharse as comportas da nova presa e formarse o encoro de Prada, casas e enseres máis queridos quedaron abnegados en aras a non se sabe qué historia de progreso e modernidade. Nada se salvou daquel recordado pobo, tamén coñecido como «a ribeira da montaña» pola fertilidade das súas terras e a riqueza das súas xentes. Non se conserva nada do antigo pobo agás a súa igrexa que con sumo esmero e coidado, pedra a pedra previamente numeradas, foi trasladada ata o tamén pequeno pobo de A Veiga de Cascallá. ¿Por qué esta localidade de Rubiá?. Opinións hai para todos os gustos, dende que se cree que foi por equivocación ata quen pensa que a decisión foi mui pensada e valorada, é dicir, «con alevosía e premeditación». Os artífices da idea: o párroco de Alberguería -Arsenio López García-, co visto bo do obispo de Astorga, José Casteltort; os executores, os empregados da empresa Moncabril que trasladaron, unha a unha, todas as pedras e os beneficiados, -os veciños de A Veiga- que, por erro ou sin erro, poden disfrutar deste fermoso templo. No adro, suxeitas ás paredes laterais, hai dúas placas que nos indican: unha, o traslado desta igrexa parroquial dende Alberguería ata A Veiga e a outra, cómo Salvador Alejandre Fernández, emigrante do lugar en Sudamérica, o 1 de xaneiro de 1959 donou un reloxo colocado na torre para que os veciños do pobo se lembrasen del cando oísen soar as horas.
Campás 1 campá.
Autor
  • PACIOS, Sonia [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/rubia/2001/02/16/iglesia-trasladada/0003_426359.htm] (16-01-2001)
  • ESTÉVEZ, Adrián (Wikipedia) (13-11-2016)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-11-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-11-2023)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 04-12-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioÚnica.CABRILLO, CASA (SALAMANCA)75244

  • Ficha reducida (PDF)
  • RUBIÁ: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 13-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 29 Visitants: 29 Usuaris: 0