Inventario de Campás

Mosteiro de Santa María de Mezonzo - VILASANTAR (GALICIA)

(Referencia: 13199)
Lugar do Priorato, s/n.
15807 VILASANTAR


Descricion A Igrexa de Santa María de mezonzo é, xunto cunha ala do claustro, todo o que resta dun mosteiro familiar de fundación moi antiga, probablemente do século IX, aínda que algúns remontan o primitivo cenobio ao século VIII, baseándose no reaproveitamento de dous capiteis dos séculos VI-VII na construción da igrexa.
O templo actual data de principios do século XIII, e ten pranta basilical, de tres naves, que se corresponden con tres ousías semicirculares no testeiro. A ábsida central é máis elevada que as laterais, e está precedida por un corpo tamén máis elevado. Os muros exteriores das tres capelas adórnanse con columnas acaroadas, con xanelas situadas nos intercolumnios, tres na capela maior e unha nas laterais, decoradas con columniñas que sosteñen arcos de medio puntos decorados cunha chambrana axedrezada, que se continúa pola liña de imposta dos arcos. Os beirados das capelas laterais están sostidos por canzorros, mentres que o da capela maior apóiase sobre unha serie de arquiños cegos. No muro oriental, que salva a diferencia de altura entre as capelas e a nave central ábrese un fermoso rosetón polilobulado.
A igrexa ten tres portadas, sen decoración escultórica, como corresponde á inspiración cisterciense dos construtores do templo. A única decoración consiste nas arquivoltas, apoiadas sobre as correspondente columnas nos derrames, tres na portada occidental, e dúas nas outras, presentando a portada Sur, a curiosidade dun arquiño polilobilado.
No interior, as tres naves están separadas por piares compostos que sosteñen unha bóveda apuntada, apoiada en arcos faixóns e formeiros tamén apuntados, que se corresponden con contrafortes exteriores, nos muros Sur e Norte, e na fachada occidental. As capelas da cabeceira cúbrense con semicúpulas. Nos capiteis, de decoración someira, abundan as formas vexetais estilizadas, aínda que poden atoparse algúns exemplos con figuras de animais enfrontados.
Campás 2 campás.
Autor
  • XANDLINATHRY / PATRIMONIOGALEGO.NET (24-09-2011)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-08-2023)
  • 4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 02-08-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)187980296
    EspadanaMaior.CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)194395496

  • Ficha reducida (PDF)
  • VILASANTAR: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 09-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 29 Visitants: 29 Usuaris: 0