Inventario de Campás

Igrexa de San Mamede de Abalo - CATOIRA (GALICIA)

(Referencia: 13160)
A Devesa, 22.
36612 CATOIRA


Descricion A principios do século XVII, a visita do Cardeal Jerónimo del Hoyo deixaba constancia da modestia desta fegresía e da existencia de dúas igrexas veciñas. Estes dous edificios relixiosos veciños, a parroquia dedicada a San Mamede e maila capela de San Sebastián, levantaríanse no século XVI. Restos artísticos daqueles anos aínda se conservan na parroquia; trátanse de dous fragmentos dun baldaquino pétreo da igrexa anterior, un afincado no muro da Epístola e outro servindo como lintel na porta do lado do Evanxeo. A igrexa de planta de cruceiro aproxímase ao estilo neoclásico. Na fachada destaca como única decoración un frontón triangular sobre o ingreso e insertada no centro no que se atopa unha figura do santo. Destaca unha pila bautismal do século XII e unha imaxe da Purísima. Sobre o tellado ollamos un Agnus Dei e no muro occidental do adro unha cabeza de cabalo incrustada. Na época posterior engadíuselle un reloxo de sol na fachada.
Tanto a igrexa como o monte sobre o que se sitúa, foron propiedade da Orde de San Bieto.
Campás 3 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-07-2023)
  • Turismo das Rías Baixas (Deputación de Pontevedra) (19-07-2023)
  • 4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 20-07-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)1912
    EspadanaMediana.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)1911
    EspadanaMenor.RIVERA, CAMPANAS4037

  • Ficha reducida (PDF)
  • CATOIRA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 11-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 34 Visitants: 34 Usuaris: 0