Inventario de Campás

Igrexa de San Salvador de Louredo - MOS (GALICIA)

(Referencia: 13156)
Camiño da Igrexa, s/n.
36415 MOS

Descricion Igrexa de época románica, construída cara a mediados do século XII e retocada no século XIII, sufriu importantes cambios cara a finais do XVIII con motivo da contrución da torre e da fachada principal. Da primitiva época románica destacan os canzorros que anteceden o aleiro e a cornixa, e a decoración de círculos con flores hexapétalas e cruces no beirado. O muro norte tamén conserva unha porta que aínda que perdeu as súas arquivoltas e columnas, presenta un tímpano decorado e rodeado por unha chambrana con billetes que se apoia directamente sobre as xambas coma se fose o seu lintel.
A fachada principal, foi mandada construír polo párroco D. Francisco Castiñeiras no ano 1780 segundo consta na inscrición que está sobre a porta que di o seguinte:
“ESTA OBRA HIZO A SU COSTA
DON FRANCISCO CASTIÑEIRA.AÑO DE 1780”.
Posúe unha porta con moldura de orelleiras tanto na base coma na parte superior e unha similar no centro do lintel.
A fornela central , de arco de medio punto, posúe unha imaxe do patrón. Por riba dela hai un ocelo de derrame exterior e moldurado de modo similar. Remátase cunha cornixa corrida de cuarto de bocel, seguindo a liña da torre con pináculos extremos. No centro está o remate barroco con dúas volutas inversas que o cerran exteriormente e cun pequeño óculo superior. As inferiores sosteñen pináculos e as superiores a cornixa onde asenta a cruz de remate e a cada lado outro pináculo.
A torre, construída no 1722, é de base cadrada. O corpo de campás está aberto aos catro ventos con arcos de medio punto. Cérrase cunha cornixa superior que sostén un tambor cilíndrico e unha semiesfera rematada nun pináculo que fai de base para unha cruz metálica. En cada extremo da cornixa ten o seu pináculo.

No interior, xunto á porta lateral atópase unha inscrición da que non se coñece o seu significado. Tamén no exterior polo lado sur hai un sillar con outra inscrición tapada por unha lousa sepulcral. Na parte descuberta pódese ler: “ERA: M”
O interior tamén acolle un escudo de armas que fai referencia á liñaxe dos Lanzos e Taboada, así como un sepulcro situado na Capela Maior.

O 10 de marzo de 1996 a igrexa sufríu un incendio que destruíu completamente o teito da nave central. Ao ano seguinte levouse a cabo a súa rehabilitación.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (14-02-2014)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (Campás e reloxos monumentais de Galicia, FACEBOOK) (12-07-2023)
  • www.paxinasgalegas.es (12-07-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 14-07-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO, HERMANOS2000
    Torre-campanarioMenor.CABRILLO, CASA (SALAMANCA)1967

  • Ficha reducida (PDF)
  • MOS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 11-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 37 Visitants: 37 Usuaris: 0