Inventario de Campás

Igrexa de Santa María do Porriño - O PORRIÑO (GALICIA)

(Referencia: 12850)
Rúa Manuel Rodríguez, 18.
36400 O PORRIÑO


Descricion Igrexa con trazos neogóticos, obra do arquitecto diocesano D. Felipe Quintana Ochayta. Edificada sobre unha antiga igrexa, a nova ten planta en cruz latina, cunha ampla nave única, cruceiro destacado e unha soa ábsida baixo arco triunfal. O primeiro tramo atópase separado do corpo de naves nun dobre piso, cun arco de medio punto rebaixado no inferior que produce a referida fragmentación espacial. Destca a continuidade do interior, a amplitude espacial e sobriedade ornamental, debido a que dos muros encalados soamente destaca a presencia de columnas unidas a piares, con capiteis vexetais esquematizados sobre os que se apoian, coa intersección de ménsulas, os nervios do abovedamento que cobre o edificio. É na cuberta onde realmente nos atopamos coa única concesión ó gótico en todo o interior. Os tres tramos do corpo de naves, os laterais do cruceiro e o que precede á ábsida, cóbrense con bóvedas sexpartitas (cuatripartitas con nervio central), mentres que o cruceiro faino cunha de oito plementos. Os nervos das bóvedas, ó igual que as columnas, resaltan co seu cromatismo granítico sobre a plementería branca, adoptando desta forma tamén o concepto do gótico de afianzar a forma dos elementos estructurais da construcción.
Os muros exteriores recalcan a austeridade ornamental xa vista no interior, unicamente alterada pola serie de estreitas ventás apuntadas con vidreiras polícromas que os percorren, destacando tamén a gradación de volumes na parte posterior co xogo entre o corpo de nave do cruceiro, a ábsida poligonal e a sacristía.
O que máis destaca do conxunto exterior é, sen dúbida, a esvelta torre. Aproveitouse o primeiro corpo da antiga, pero o campanario cubiforme foi substituído por dous corpos de torre idénticos, pero de distinto tamaño, colocados en superposición. Estes atópanse abertos ó exterior por catro arcos apuntados coa rosca decorada en molduras. O corpo remátase por unha nova moldura ornamentada con arquiños apuntados, un cornixamento voado e unha balaustrada calada, co modernista motivo da folla trebolada, culminada nos seus ángulos con esveltas cruces de pedra.

A fachada é reaproveitada da antiga igrexa, na que se abriron inferiormente dúas estreitas fiestras, e substituíuse a portada e a hornacina por unha porta entre columnillas rematada por un arco apuntado que acubilla unha vidreira tipicamente gótica. Substituíuse tamén a ventá rectangular por un óculo e levantouse o corpo superior de remate en vertical, dándolle unha configuración apuntada. Por outro lado, aproveitouse o primeiro corpo da antiga torre, refacéndose a parte superior.

No seu interior ten tan só unha nave, a cabeceira é pentagonal precedida dun tramo recto. Bóvedas de crucería dunha clave en toda a igrexa. É unha igrexa na que os brazos que conforman a cruz son todos eles rectangulares. Todos os arcos son de medio punto. Pola súa parte a fachada ten unha porta, á que se accede por unha escalinata que a precede, con arco de medio punto, enmarcada por templete triangular sobre pilastras, pináculos neogóticos e rosetón. Destacable igualmente é tamén o campanario nun lado da portada da igrexa culminado en forma de pináculo.

Antes desta igrexa existiu un anterior edificio, que por tódolos indicios parece que foi levantado a mediados do século XVI e que recibía a advocación de San Xurxo, sen que se poida determinar cando foi a data na que se modificou a súa pretérita advocación. No ano 1778 consta que a advocación da igrexa era a de Nosa Señora da O, pero xa no ano 1809 consta a denominación de Santa María do Porriño baixo a Purísima Concepción.
Dende a segunda metade do século XIX a antiga igrexa ameazaba ruína, realizándose algunhas labores de afianzamento da estructura e comezándose a pensar na posibilidade dunha reconstrucción total. De feito realízanse varios estudios e proxectos sen que, debido á falta de cartos, se poidan levar a cabo as obras ata principios do século seguinte. Nestas datas o arco central da igrexa comeza a caerse progresivamente, véndose desta forma que dun momento a outro todo o edificio podería derrubarse. O proxecto de reconstrucción encárgase ó arquitecto diocesano Felipe Quintana Ochayta, quen xa realizara anos antes un proxecto dunha igrexa de nova planta para este edificio, e as obras póxanse en Tui no 20 de decembro de 1904, sendo adxudicadas a Emilio Cortegoso. Nembargante as obras non comezarán ata 1909, realizándose o terceiro domingo de xuño unha solemne procesión que traslada o Santísimo á veciña Capela do Cristo. Tras varios anos de problemas económicos, resoltos polos porriñeses Manuel Rodríguez e a súa muller Ánxela Bonín (que financian a ábsida), Ramón González (que financia a sancristía) e Servando Ramilo (que fai o propio coa torre), e de cambio de contratistas o edificio inaugúrase o 6 de xuño de 1913, aínda que as obras continuarán ata 1915, sobre todo en canto a mobiliario litúrxico se refire. Máis que unha reconstrucción propiamente dita, trataríase dunha reedificación, pois o edificio sería demolido practicamente na súa totalidade a excepción do corpo de fachada, reempregándose materiais e algunhas partes do vello edificio.
Campás 3 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (24-02-2014)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (23-03-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (25-03-2023)
  • 4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 27-03-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMaior.PORTILLA, HERMANOS1979
    Torre-campanario Mediana.1783
    Torre-campanarioMenor.TALLERES LA INDUSTRIOSA1932

  • Ficha reducida (PDF)
  • O PORRIÑO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 11-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 39 Visitants: 38 Usuaris: 1 - servidor