Inventario de Campás

Capela do Santo Cristo da Agonía - O PORRIÑO (GALICIA)

(Referencia: 12838)
Praza do Cristo, 6.
36400 O PORRIÑO

Data de construción Século XIX.
Descricion Templo de pequenas dimensións, cunha única nave de planta de cruz latina. Na fachada destacan varios elementos como a porta principal, de arco trilobulado enmarcada por pilastras acanaladas de fuste exento. Por riba dela aparece un elemento decorativo na súa clave, apoiado sobre pilastras lisas con capitel. A porta de entrada queda acubillada en conxunto por dúas esveltas columnas estriadas sobre plintos, con capiteis corintios que soportan un entablamento clásico composto por molduras cóncavas e convexas.
Sobre o entablamento atopámonos unha placa granítica rematada en volutas, sobre a que se apoia unha placa presidida por un óculo trebolado.

Sobre a liña de cornixamento encontrámonos cunhas formas que, partindo dos floreiros escultóricos dos ángulos, estructúranse recordando ós aletóns clásicos: así os bordes remátanse nunha forma redondeada a modo de voluta. Destácase a parte central, pola súa morfoloxía, decoración e cromatismo, de tal maneira que se crea un eixo verticalizante dende a porta ata o remate do campanario.

No centro aparece a torre campanario dun só corpo moi estilizado e horadado por arcos apuntados, que se remata por medio dunha bovedilla da que sae un elemento vertical.

Os muros laterais posúen ventás oxivais.

A construción desta igrexa débese a D. Servando Ramilo Nieves, filántropo e veciño porriñés, que doa o terreo necesario para a súa construción e para a construción do Parque do Cristo, facéndose cargo ademais dos custes das obras do recinto relixioso, da arboreda, dos bancos, do quiosco de música e da imaxe do Cristo que se garda no interior da igrexa. En outubro de 1898 inícianse as obras da capela baixo a dirección do mestre canteiro Sr. Martínez, dándose estas por rematadas en 1899 e inaugurándose o templo o 17 de setembro do mesmo ano.
Campás 3 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (20-02-2014)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (19-03-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 26-03-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMaior.PELLÓN, MANUEL (SAN BREIXO DE ARCOS)1894
    Torre-campanarioSAN PRUDENCIOLINARES, HIJOS DE CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)1949
    Torre-campanarioSAN SERVANDOLINARES, HIJOS DE CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)1948

  • Ficha reducida (PDF)
  • O PORRIÑO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 12-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 34 Visitants: 34 Usuaris: 0