Inventario de Campás

Igrexa de San Miguel de Pereiras - MOS (GALICIA)

(Referencia: 12391)
Lugar Roublin, 71A.
36419 MOS

Data de construción Século XVIII.
Descricion A igrexa presenta unha soa nave rectangular e un presbiterio cadrado máis estreito, á que se lle engadiu no lado norte a sacristía. A fachada presenta no seu centro unha porta alintelada e moldurada con orelleiras interiores e superiores. Nas esquinas superiores ten unha labra de adorno de follas na pedra. No centro, partindo a moldura e o lintel un relevo formando unha lazada de cintas. Enriba dela aparece unha fiestra cadrada e moldurada, con orelleiras nas catro esquinas.
A fachada remátase cunha cornixa ascendente ata a base da espadana, e nas esquinas ten pináculos con bola. No lado sur vese a escada situada por riba da cornixa para ascender á espadana.
Unha cornixa sostén a base da espadana que se presenta con bastante voo e se moldura neste lado Oeste, sendo plana nos outros tres lados. Ten dous ocos con arco de medio punto moldurados, aínda que sustenta tres campás. Outra moldura máis pequena dá paso ao corpo de remate, dun oco central tamén en arco de medio punto. Nel apóiase a base en distintos corpos da cruz metálica de remate. Ten dous pequenos pináculos de floreiro.
O tellado da nave é a dúas augas.
Ten dous contrafortes en cada lado que sosteñen os arcos. No lado norte hai unha pequena porta lateral, e dúas ventás por cada lado, cadradas e de derrame interno.
A capela maior é cadrada e máis estreita cá nave. O seu Tellado elévase por riba da nave, e é a catro augas.
No lado norte da capela maior engadiuse a sacristía.
No interior destacan tres retablos barrocos. O maior adicado a San Miguel no que destaca unha imaxe empuñando unha espada e con Satanás aos seus pes. O retablo lateral esquerdo está adicado ao mártir San Sebastián, o cal tivo en séculos anteriores unha confraría nesta parroquia e unha devoción que todavía existe. O retablo lateral dereito está adicado a Nosa Señora do Rosario. Este retablo o preside unha imaxe de “vestir” da titular na súa advocación do Rosario.

Esta igrexa foi mandada construír por Xosé Bieito de Lanzós Novoa Andrade, que era o terceiro Conde de Maceda, no ano 1719. Este conde recibiu de Felipe V no ano 1710 o título de Grande de España. A parroquia xa existía con anterioridade, pois hai documentos que a nomean no s. XIII. Foi reformada no ano 1775.

No ano 2011 a igrexa foi rehabilitada.
Campás 3 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (20-01-2014)
  • Vídeo (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    PersoaVídeoDataDuración
    ASOCIACIÓN CULTURAL CAMPANEIROS DE GALICIAToque de oración ou alba en día de festa e remate cun repique. 29-09-202204:46
    1 Foto
    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 29-09-2022


  • Ficha reducida (PDF)
  • MOS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 11-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 50 Visitants: 50 Usuaris: 0